Ovos de galiñas alimentadas a base de millo
Tortilla de patacas, roxóns e queixo galego

Tortilla de patacas, roxóns e queixo galego

Tortilla de patacas, roxóns e queixo galego

Tortilla-de-patacas pinit

Tortilla de patacas, roxóns e queixo galego

Dificultad: Intermedio Tiempo de preparación 20 minuto(s) Tiempo de cocción 25 minuto(s) Tiempo total 45 mins
Porciones: 6
Mejor temporada: Adecuado durante todo el año

Descripción

Unha receita de tortilla moi galega, co intenso sabor dos roxóns de porco e a cremosidade e suavidade do queixo galego de Arzúa-Ulloa. Unha aposta segura para levar de romaría ou a unha comida campestre.

Ingredientes

Elaboración

  1. Pelamos as patacas e cortámolas en anacos duns 3 mm de grosor.
  2. Fritimos as patacas en abundante aceite ata que estean brandas. Mentres batemos os 7 ovos nun bol e salgamos.

  3. Retiramos as patacas, escorremos e botámolas no ovo batido

  4. Cortamos o queixo en anacos pequenos e engadímolo á mestura de ovos e patacas.

  5. Engadimos tamén os roxóns desmenuzados. Mesturamos ben todos os ingredientes para que se integren.

  6. Envorcamos a mestura nunha tixola engraxada con un pouco de aceite de oliva.

  7. Deixamos que a tortilla se faga uns minutos por unha banda e dámoslle a volta coa axuda dun prato ou un xiratortillas.

  8. Deixamos que se faga uns minutos polo outro lado e retiramos. Xa só queda probala!
Palabras claves: Entrantes, Romaría, picnic, fácil
Leave a Comment

Your email address will not be published.