Ovos de galiñas alimentadas a base de millo

Calidade

Un exhaustivo control sanitario

Calidade

Un exhaustivo control sanitario

A seguridade dos ovos que vendemos é unha cuestión fundamental para Demillo. Por iso desenvolvemos un sistema de xestión da seguridade alimentaria que segue a norma IFS ( International Food Standard) en clasificación, envasado e distribución.

 

Realizamos un exhaustivo control sanitario durante todo o proceso produtivo. O cereal que comen as nosas galiñas analízanse química e microbiolóxicamente para garantir a súa idoneidade. Ademais, contamos cun sistema de análise de perigos e puntos de control críticos que abarca desde a alimentación da galiña ata a análise do produto previo á súa saída ao mercado.

 

Os nosos ovos campeiros contan tamén co selo de Galicia Calidade, certifica a calidade dos produtos avalada pola súa orixe galega e é unha referencia de confianza para os consumidores.

Menos carga bacteriana

Demillo está á vangarda en tecnoloxía.

Contamos cun Centro de Clasificación e envasado que detecta os ovos sucios, fisurados ou rotos, así como as manchas de carne ou sangue no interior do ovo.

Igualmente, os ovos son sometidos a un pase de raios ultravioleta que baixa a carga bacteriana da casca.