A Nosa Historia
Medio século de experiencia no sector avícola
A Nosa Historia
Detrás de Demillo hai máis de medio século de historia e experiencia no sector avícola.
En 1969 José Vázquez Diéguez, fundador de Avícola Tratante, empezaba en Narón un pequeno negocio de cría e venda de galiñas novas. A finais dos anos 1970 empezaba a vender os primeiros ovos na comarca de Ferrolterra e a finais desa década montaba unha granxa de posta en Dozón, onde aos poucos foi trasladando toda a actividade.
Nacía oficialmente Avícola Tratante, que empezou a incrementar a súa produción e expandir as súas vendas de ovos por toda Galicia. Actualmente é a líder de Galicia en venda de ovos.
En 2016, coa empresa xa en mans dunha nova xeración da familia, Avícola Tratante daba un paso máis e lanzaba Demillo.
Unha nova marca que bebe directamente da tradición galega e desas orixes como criadores de galiñas.


