Rosquillas de anís fritidas
Rosquillas de anís fritidas


Rosquillas de anís fritidas
Descripción
É unha das sobremesas tradicionais do entroido galego, pero tamén unha das que se preparan durante todo o ano para merendas e almorzos. Unha receita que se foi transmitindo de xeración en xeración e que nos traslada á infancia na casa da avoa. Aínda que é un pouco laborioso, é fácil de preparar.
Ingredientes
Elaboración
-
Bater os ovos e mesturalos nun bol co azucre. Seguimos batendo ata que quede unha escuma esbrancuxada.
-
Engadir á mestura anterior, o aceite, o anís, a reladura de limón e a pitada de sal. Integramos todo ben.
-
Mesturamos o 80% da fariña coa levadura. Colocámolo sobre unha superficie lisa, ou nunha cunca, e facemos un burato no medio creando unha especie de volcán.
-
Vertemos a mestura líquida no centro do volcán e comezamos a mesturar coa fariña. Primeiro facémolo cunha espátula ou cun garfo, pero a medida que vai espesando, imos amasando coas mans. Engadir fariña ata que quede unha masa manexable que non se pegue aos dedos.
-
Facemos unha bola á masa e deixámola reposar durante media hora.
-
Cando a masa esté lista, cortamos anacos pequenos e formamos unha bola. Aplanamos un pouco a bóla e facemos un burato no medio e moldeamos cos dedos para darlle forma de rosca. Repetimos este proceso ata rematar a masa.
-
Preparar unha tixola con abundante aceite para fritir. Quentamos, sen deixar fumar, e fritimos as rosquillas en lotes de 5 ou 6. Hai que controlar a temperatura do aceite para que non se quente demasiado mentres facemos as roscas. O mellor é que, unha vez alcanzada a temperatura adecuada, baixa a temperatura media.
-
Para rematar, sacamos primeiro as rosquillas para un papel absorbente, para que absorba o exceso de aceite. Deixamos arrefriar, pasamos a unha bandexa e espolvoreamos con azucre glas.