Ovo poché con champiñóns e crema fina de pataca
Ovo poché con champiñóns e crema fina de pataca


Ovo poché con champiñóns e crema fina de pataca
Descripción
Unha receita gourmet para comer na casa, co ovo escalfado como protagonista.
Ingredientes
Instruccións
-
Pelamos as patacas e poñémolas a cocer con auga, sal e loureiro.
-
Mentres cocen as patacas, imos cortando os champiñóns.
-
Unha vez cocidas as patacas, sacámolas do lume, triturámolas ou esmagámolas cun garfo e emulsionamos con aceite de oliva e manteiga derretida ata que se vaia quedando unha consistencia de crema fina. Reservamos.
-
Saltemos os champiñóns cun dente de allo, sal e pementa. Reservamos.
-
Facemos o ovo escalfado. Hai varias técnicas, pero nós recomendámosche a do remuíño: pon auga a cocer con vinagre, lévaa a ebulición, remove cunha balea para formar un remuíño e verte o ovo no centro. Déixao cocer 3 minutos e retira.
-
Chega o momento de empratar. Primeiro pon unha cama de crema fina de pataca, coloca encima os champiñóns deixando un pequeno espazo no medio e coloca aí o ovo poché. Adereza ao gusto con sal, pementa e especias... e a comer!