Croquetas de polo sen glute e sen lactosa
Croquetas de polo sen glute e sen lactosa


Croquetas de polo sen glute e sen lactosa
Descripción
Unha receita da La Cocinita de Fati Sin Gluten para que todos podamos gozar do marabilloso sabor dunhas croquetas caseiras, sen glute e sen lactosa. Nesta ocasión trátase dunhas clásicas croquetas de polo, pero contámosche como facer a masa (ao modo tradicional e tamén con Thermomix) e a partir de aí, ti elixes o ingrediente para o recheo que máis che guste.
Ingredientes
Para a masa
Para o rebozado
Instrucións
Elaboración tradicional
-
Mentres cocemos o ovo e o muslo de polo, picamos a cebola e poñémola a pochar en duas culleradas de aceite a lume baixo, para que non se queime.
-
Engadimos a metade da fariña diluída en líquido e mesturámola coa cebola.
-
Vamos integrando a outra metade aos poucos e sen deixar de remover. Engadimos tamén as especias (noz moscada, pementa e sal)
-
Engadimos o recheo (neste caso o polo, cocido e desmenuzado) aos poucos ata obter unha masa homoxénea. Se a masa queda demasiado líquida, hai que diluír outros 30 gramos de fariña nun pouco de caldo e ir integrándoo aos poucos ata que a masa o vaia absorbendo .
-
Deixamos arrefriar a masa unha media hora e a continuación xa podemos facer as croquetas. Cortamos anacos da masa e dámoslle forma.
-
Rebozamos cada croqueta en fariña, ovo e pan relado (por esta orde) e fritimos en aceite quente (se queremos unha opción baixa en graxa e máis saudable, podemos usar a Airfryer). Douramos polos dous lados e retirámolas a un papel absorbente.
-
E todo listo para gozar dunhas deliciosas croquetas sen glute e sen lactosa!
Elaboración con Thermomix
-
Cortar / triturar o polo 2 segundos a velocidade 4. Reservar
-
Poñer o aceite no vaso, quentar 2 minutos, temperatura Varoma, velocidade culler.
-
Engadir a cebola, cortar 2 segundos a velocidade 5. Sofritir 3 minutos, temperatura Varoma velocidade 1.
-
Retirar o aceite, coar no escurridor. Agregar 90 gramos da fariña, a cebola, o caldo, as especias, o sal e unha cullerada do recheo. Mesturar 10 segundos velocidade 6. Cociñar 8 minutos a velocidade 4 e 100° de temperatura.
-
Deixar repousar 5 minutos.
-
Engadir o resto de recheo, mesturar coa espátula. Deixar repousar outros 5 minutos.
-
Se unha vez repousado a bechamel segue moi líquida, engadir ata 30 gramos reservados de fariña e volver cociñar 8 minutos a velocidade 4 e 100° de temperatura.
-
Despois formar as croquetas e rebozar en fariña, ovo e pan relado.
-
Fritir en aceite quente, dourar por ambos os lados, retirar a unha fonte con papel absorbente e a gozar!