Ovos rotos con xamón e patacas palla
Ovos rotos con xamón e patacas palla


Ovos rotos con xamón e patacas palla
Descripción
Unha versión deste clásico, unha das receitas con ovo máis ricas e sinxelas. Un trío de ingredientes infalible.
Ingredientes
Instruccións
-
Lavamos as patacas e cortámolas en tiras moi finas (pódense pelar ou facer coa pel). Salpimentamos.
-
Quentamos abundante aceite nunha tixola e fritimos as patacas
-
Mentres se van facendo as patacas, imos fritindo os ovos noutra tixola.
-
Cando as patacas estean douradas, sacámolas e escorremos ben o aceite (pódense poñer sobre un papel absorbente)
-
Nun prato, colocamos primeiro unha cama de patacas palla. Encima colocamos o ovo e espolvoreamos un pouco de sal maldon por encima. Por último, colocamos unha ou duas tiras de xamón serrano (ou ibérico). E listo para comer!.