Ovos de galiñas alimentadas a base de millo
Como facer un ovo  escalfado perfecto

Como facer un ovo escalfado perfecto

Comer un ovo poché é unha das experiencias gastronómicas máis apetitosas… pero cociñalo é outro cantar. Facer un ovo escalfado perfecto é unha proba de nota na cociña. E as técnicas para logralo, do máis variado.

É unha das maneiras máis saudables de cociñar o ovo, e a guinda perfecta para darlle un toque gourmet a un prato; pero facer un ovo escalfado perfecto é unha proba só para os máis ousados. E como facelo? O primeiro é ter un ovo de calidade e o máis fresco posible. E con iso, aquí van algúns trucos e técnicas.

A técnica do remuíño

A técnica máis clásica e a recomendada polos máis curtidos na cociña é a que nós chamamos “o remuíño”. Para facela temos que poñer auga a ferver nun cazo non demasiado grande e cun pouco de vinagre (que axudará a que a clara se coagule mellor e non se espalle). Mentres a auga empeza a ferver, cascamos o ovo, poñémolo nun cunco pequeno e reservamos.

Cando a auga empece a ferver, retirámola do lume (ou o apagamos) e cunha culler revolvemos a auga para que se forme un pequeno remuíño. Vertemos o ovo no centro do remuíño e deixamos cocer na auga tres minutos. Retiramos, salpimentamos e listo!

A técnica da cunca dentro da auga

Outra das opcións máis populares para facer un ovo escalfado é a de utilizar un cunco ou cunca para introducir o ovo na auga. É a que recomendan na web Directo al paladar.

Neste caso, novamente, poñemos a auga a ferver con vinagre e cascamos o ovo nun cunco pequeno ou unha cunca. Cando a auga alcance o punto de ebulición, retirámola do lume e introducimos o recipiente co ovo aos poucos, para que se vaia enchendo coa auga. Neste punto, vertemos o ovo e retiramos o cunco. Deixamos que se faga durante 3 minutos e retiramos cunha espumadera.

A técnica de Arguiñano para lograr un ovo flor

O cociñeiro Karlos Arguiñano propón unha técnica cun resultado moi estético, en forma de flor. Neste caso, necesitamos un cunco que forramos no seu interior con filme transparente. Vertemos un pouco de aceite sobre o fondo e cascamos o ovo encima. Tras isto, pechamos o ovo co filme, facendo un pequeno saco que ataremos cunha corda. Poñemos a auga a ferver e cando chegue ao momento de ebulición, apartámola do lume e poñemos as bolsitas cos ovos uns 3 ou 4 minutos na auga.

Retiramos da auga, quitámoslle o filme transparente e listo para coroar algunha marabillosa receita!

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.