Ovos de galiñas alimentadas a base de millo
Comer ovos para adelgazar?

Comer ovos para adelgazar?

Dieta equilibrada, exercicio regular e un estilo de vida saudable. Estas son as tres craves que mellor funcionan para perder peso sen afectar á túa saúde. Comer ovos non che servirá de receita máxica para adelgazar, pero pode ser un bo aliado porque é un alimento proteico, saciante e pouco calórico. Sobre todo se o almorzas… Segue lendo e descobre por que!

Non é un alimento “milagre”, pero integrado nunha dieta equilibrada, o ovo ten unha características que che poden axudar a adelgazar ou controlar o peso. Segundo o National Center for Biotechnology Information ( NBCI) de EEUU, os ovos poden ser un bo suplemento nutritivo para mellorar a perda de peso, especialmente se se toman durante o almorzo.

Un alimento saciante

O ovo ten un alto índice de saciedade, un 50% maior que o pan branco ou os cereais con leite (segundo o estudo do NBCI), e isto contribúe a que se inxiran menos calorías durante o resto do día e a que resulte máis fácil resistirse ao picoteo.

Este efecto saciante débese en parte á leucina (os ovos conteñen aproximadamente 1,09 gramos). Este aminoácido fai desaparecer a sensación de fame e axuda a reducir a graxa corporal, entre outras cousas.

Pero ademais, o ovo é unha gran fonte de proteínas, e os alimentos tan proteicos manteñen a sensación de saciedade durante máis tempo. Tamén hai estudos que aseguran que estes alimentos ricos en proteínas aumentan o efecto térmico do corpo e por tanto a cantidade de calorías que se tarda en dixerilos. E por se isto fose pouco, incluír proteína no almorzo proporciona vitalidade e mellora o estado de ánimo para o resto do día.

Comer-ovos-para-adelgazar-Demillo

Baixo en calorías e con graxas saudables

Ao alto efecto saciante e á achega de proteína únese unha baixa achega de calorías. Aínda que depende do tamaño e do tipo de alimentación da galiña, de media, un ovo grande ten ao redor 74 calorías. Se o facemos cocido, escalfado ou pasado por auga, esta achega calórica apenas variará; pero se optamos polo sempre apetecible ovo frito, subirá a unhas 220 calorías polo aceite (é o cociñado menos recomendable se queres adelgazar).

Ademais, o 70% das calorías do ovo son graxas saudables. Predominan sobre todo as graxas insaturadas, que son beneficiosas para o organismo e de fácil dixestión. E como xa contamos, a pantasma do colesterol que se asocia aos ovos está desterrado : os ovos incrementan o colesterol en sangue, si, pero o LDL, que é o colesterol “bo”.

Así que non hai ningún problema para que poidas comer un ovo ao día e integralo no teu almorzo, como suxire o estudo da NBCI. E aínda que non sexa milagroso, seguro que será un gran aliado para controlar o peso.

One thought on “Comer ovos para adelgazar?
  1. Os beneficios do ovo: versátil e para todas as idades - Demillo

    […] o que queren manter a liña, é recomendable incluír ovos no almorzo, isto estabiliza os niveis de azucre no sangue por moito máis tempo e manterache […]

    Outubro 15, 2021 Reply
Deixa unha resposta

Your email address will not be published.