Ovos de galiñas alimentadas a base de millo
Receitas para picnic, o mellor plan de verán

Receitas para picnic, o mellor plan de verán

Canto botabas de menos o bo tempo? O verán é un momento marabilloso para levantarse con calma, preparar a comida e irse á praia ou ao campo con estas receitas para picnic que che propoñemos.

As comidas campestres e ao aire libre son un dos plans máis recorrentes da primaveira- verán, e encántannos! Ademais, o ovo é o protagonista indiscutible das receitas para picnic máis típicas. Aproveitamos o Día Mundial do Picnic para deixarvos ideas sinxelas e deliciosas para preparar o voso menú.

A tortilla, a raíña do campo

É unha das receitas que non debe faltar nun picnic que se prece. A clásica de pataca é a raíña, pero por que non innovar un pouco? Podes ir un pouco máis aló e sorprender, con esta tortilla de gulas de Directo al Paladar, esta de Pequerecetas na que se cambia a pataca por cabaciña ou estes orixinais pasteis de tortilla de pataca que nos recomendan en El Español.

Receitas-para-picnic-tortilla-DemilloFiletes empanados

Outro básico entre as receitas para picnic son os filetes empanados. Aínda que poida parecer fácil a primeira vista, empanar uns filetes para que saian perfectos, crujientes e nada graxos require a súa técnica. En El sabor culinario ensínannos 7 maneiras diferentes de facer o rebozado.

Croquetas e albóndegas vexetais

As croquetas e as albóndegas tamén encaixan á perfección na cesta de picnic. Son desas receitas que saben igual de ben frías que quentes, así que que vos parecen estas croquetas de arroz (os ricos arancini italianos) de Velocidad de Cuchara?

E nós tamén temos a nosa proposta: estas albóndegas de brócoli e queixo feta. Unha receita sinxela, vegetariana e perfecta para levar de picnic.

Receta-albondigas-brocoli-DemilloEnsaladas e ensaladilla rusa

A ensaladilla rusa ou a ensalada de pasta son pratos frescos que apetecen a calquera hora nos días de máis calor. Lembra que se levan ovo saben mellor!

A priori parece sinxelo; cocer a pasta e botarlle tantos ingredientes como queiras, pero ten o seu truco. Hai moitas maneiras diferentes de facer unha ensalada de pasta perfecta. Iso si, nunca pode faltar o ovo.

Ovos recheos

Outro clásico imprescindible entre as receitas para picnic son os ovos recheos. Hainos para todos os gustos. Pódelos encher como os de toda a vida; con atún, pemento morrón e maionesa. Ou podes probar cunha opción máis arriscada; recheos de guacamole ou de atún, surimi e gambas. Ovos endiablados; con salsa picante de chile, paprika, ceboliño picado, sal e pementa negra moída. Ovos gratinados; con piquillo e anchoa.

Xa tes o teu menú ideal para gozar dunha comida ao aire libre!

Ah! Non te esquezas de levar bolsas de lixo para deixar todo o lugar limpo despois do teu picnic.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.