Tortilla de patacas, batata e cebola caramelizada,
Tortilla de patacas, batata e cebola caramelizada,
Tortilla de patacas, batata e cebola caramelizada,
Descripción
Unha variante outonal da clásica tortilla de patacas con cebola que seguro que che encantará. A batata e a cebola caramelizada danlle un toque doce e un extra de xugosidade.
Ingredientes
Elaboración
-
Empezamos preparando a cebola caramelizada. Cortámola á xuliana e poñémola nunha tixola antiadherente cun pouco de aceite e un chisco de sal. Cociñámola a lume baixo, revolvendo cada certo tempo (se vemos que queda seca, podemos engadir un pouco de auga). Deixamos que se vaia facendo pouco a pouco durante unha hora.
-
Mentres se fai a cebola, imos cortando as patacas en láminas ou anacos non moi grosos para que se fagan ben por dentro e queden brandas. Botámolas nunha tixola con aceite de oliva quente e cociñámolas ata que estean brandas.
-
Cortamos tamén as batatas en láminas ou anacos non moi grosos e fritímolos noutra tixola a parte ata que estean brandos (se prefires non engadir máis aceite, tamén podes facelos no microondas)
-
Nun bol, batemos os ovos cun chisco de sal e incorporamos as patacas, a batata e a cebola caramelizada. Mesturamos todo ben.
-
Facemos a tortilla nunha tixola antiadherente cun pouco de aceite. Deixámola cociñar entre 3 e 5 minutos por cada lado para que quede zumarenta e co ovo un pouco líquido.
-
E tortilla lista para probar!