Torta de cervexa negra para San Patricio
Torta de cervexa negra para San Patricio


Torta de cervexa negra para San Patricio
Descripción
O 17 de marzo é o Día de San Patricio, e dámosvos unha idea para celebralo na casa cunha receita moi especial! Unimos cervexa e chocolate... e o resultado é unha torta deliciosa, cun sabor inusual pero que, estamos seguros, encantarache.
Ingredientes
Para o biscoito
Para o frosting
Preparación
Preparación do biscoito
-
Poñemos a cervexa nun cazo a lume medio.
-
Cando a cervexa estea quente (sen chegar a ferver), cortamos a manteiga en dados, engadímola e removemos ata que se derrita por completo. Retiramos do lume e reservamos.
-
Nun bol a parte, mesturamos a fariña, o cacao, o azucre e o bicarbonato. Integramos todo ben e reservamos.
-
Noutro recipiente, batemos os ovos, a nata líquida e o extracto de vainilla ata conseguir unha mestura homoxénea.
-
Mentres imos prequentando o forno a 170º, engadimos a mestura de cervexa ao bol dos ovos, a nata e a vainilla. Mesturamos todo ben e integramos, por último, os ingredientes secos.
-
Vertemos a masa nun molde que previamente temos untado con manteiga e enfariñado. Enfornamos durante 50-55 minutos. Se o picamos cun escarvadentes e sae limpo…o biscoito xa está feito!
-
Sacamos o biscoito do forno e esperamos 15 minutos antes de desmoldar. Así xa está listo para comer, pero tamén podes engadirlle un frosting.
Preparación do frosting
-
Montamos a nata líquida nun bol e reservamos no frigorífico (ten que estar ben fría para utilizala despois).
-
Noutro bol, mesturamos o queixo crema e o azucre glas ata obter unha masa cremosa e homoxénea.
-
Engadimos a nata en 2-3 veces, para conseguir unha textura moito máis consistente.
-
Cando o biscoito estea a temperatura ambiente, estendemos o frosting na superficie…e listo para cantar!