Ovos de galiñas alimentadas a base de millo
Tortilla de patacas, batata e cebola caramelizada,

Tortilla de patacas, batata e cebola caramelizada,

Tortilla de patacas, batata e cebola caramelizada,

pinit

Tortilla de patacas, batata e cebola caramelizada,

Dificultad: Intermedio Tiempo de preparación 30 minuto(s) Tiempo de cocción 55 minuto(s) Tiempo de descanso 15 minuto(s) Tiempo total 1 h 40 mins
Porciones: 4
Mejor temporada: Adecuado durante todo el año

Descripción

Unha variante outonal da clásica tortilla de patacas con cebola que seguro que che encantará.  A batata e a cebola caramelizada danlle un toque doce e un extra de xugosidade. 

Ingredientes

Elaboración

  1. Empezamos preparando a cebola caramelizada. Cortámola á xuliana e poñémola nunha tixola antiadherente cun pouco de aceite e un chisco de sal. Cociñámola a lume baixo, revolvendo cada certo tempo (se vemos que queda seca, podemos engadir un pouco de auga). Deixamos que se vaia facendo pouco a pouco durante unha hora. 

  2. Mentres se fai a cebola, imos cortando as patacas en láminas ou anacos non moi grosos para que se fagan ben por dentro e queden brandas. Botámolas nunha tixola con aceite de oliva quente e cociñámolas ata que estean brandas.  

  3. Cortamos tamén as batatas en láminas ou anacos non moi grosos e fritímolos noutra tixola a parte ata que estean brandos (se prefires non engadir máis aceite, tamén podes facelos no microondas)

  4. Nun bol, batemos os ovos cun chisco de sal e incorporamos as patacas, a batata e a cebola caramelizada. Mesturamos todo ben. 

  5. Facemos a tortilla nunha tixola antiadherente cun  pouco de aceite. Deixámola cociñar entre 3 e 5 minutos por cada lado para que quede zumarenta e co ovo un pouco líquido. 

  6. E tortilla lista para probar!

Palabras claves: Tradicional, outono
Leave a Comment

Your email address will not be published.