Tortilla de pataca e pementos de Padrón
Tortilla de pataca e pementos de Padrón


Tortilla de pataca e pementos de Padrón
Descripción
Xa é época de pementos de Padrón! Así que unimos tres produtos moi galegos para crear esta exquisita tortilla. Pero lembra, " uns pican e outros non".
Ingredientes
Instruccións
-
Pelamos e cortamos as patacas en láminas finas. Mentres poñemos xa a fritir os pementos en abundante aceite.
-
Fritimos tamén as patacas en abundante aceite, ata que estean brandas (non tostadas).
-
Retiramos os pementos do lume canto estean brandos e poñémolos sobre papel de cociña para absorber o aceite. Picamos en anacos moi pequenos.
-
Batemos os cinco ovos e mesturamos cos pementos picados.
-
Sacamos as patacas, escorremos ben o aceite e mesturámolas co ovo, o pemento e salgamos. Mesturamos todo ben e deixamos repousar uns minutos para que se mesturen ben os sabores e a pataca empápese ben co ovo.
-
Vertemos a mestura na mesma tixola na que fritimos as patacas, unha vez retirado o aceite. Cociñamos a tortilla polos dous lados máis ou menos tempo, en función de se vos gusta máis pasada ou co ovo máis solto.
-
Unha vez cociñada a tortilla polos dous lados, retirámola do lume, envorcámola nun prato, fonte ou recipiente de madeira... E lista!