Orellas de Entroido
Orellas de Entroido


Orellas de Entroido
Descripción
As orellas son outra das receitas tradicionais galegas da época de Entroido, unha sobremesa sinxela que pasou de xeración en xeración e xa aparecía recollido na Cociña Galega de Álvaro Cunqueiro. O seu nome débese a que a súa forma lembra ás orellas do porco, e a súa orixe parece estar relacionado co xaxún da coresma.
Ingredientes
Elaboración
-
Lavamos o limón e a laranxa relamos a pel. Reservamos.
-
Derretimos a manteiga e mesturamos nun bol grande coa auga, o anís e os ovos, o belisco de sal, o azucre e a ralladura de laranxa e limón. Mesturamos todo ben ata que non queden grumos. -
Empezamos a incorporar a fariña aos poucos, mesturando cunha balea ou un garfo primeiro e logo coas mans. O obxectivo é que quede unha masa un pouco grasosa, manexable e un pouco húmida ao tacto.
-
Deixamos repousar a masa, tapada cun pano a temperatura ambiente, durante unha hora.
-
Unha vez repousase, collemos anacos de masa do tamaño dunha noz e estirámola co rodete ata que quede unha capa moi fina de masa. Se a masa se pega, poñemos un pouco de aceite no rodete.
-
Fritimos en aceite abundante, dándolles a volta para que se douren polos dous lados. Imos retirando para unha fonte con papel absorbente.
-
Cando arrefríen, espolvoreamos con azucre glass... e sobremesa de entroido listo!