Ovos de galiñas alimentadas a base de millo
Filloas galegas de leite

Filloas galegas de leite

Filloas galegas de leite

Sobremesas-de-entroido-Demillo pinit

Filloas galegas de leite

Dificultad: Intermedio Tiempo de preparación 15 minuto(s) Tiempo de cocción 30 minuto(s) Tiempo de descanso 60 minuto(s) Tiempo total 1 h 45 mins Porciones: 6 Mejor temporada: Adecuado durante todo el año

Descripción

Non confundir cun crepe! As filloas son unha das receitas imprescindibles no " Entroido" galego, unha sobremesa tradicional que non falta en ningunha casa galega durante estas datas... e durante o resto do ano. 

As primeiras referencias claras desta sobremesa remóntanse á época romana, pero hai indicios de que xa os pobos celtas podían preparar algo parecido.

Ingredientes

Elaboración

  1. Batemos os ovos nun bol e engadimos o leite, a auga e o chisco de sal. 

  2. Mesturamos todo ben. Imos engadindo a fariña tamizada, revolvendo ben para ligar a masa e que non queden grumos. A masa non debe quedar espesa, senón máis ben líquida, homoxénea e sen grumo. 

  3. Deixamos repousar a masa unha media hora, máis ou menos. 

  4. Poñemos ao lume unha tixola antiadherente (ou unha filloeira) e co fondo liso, para que a calor se reparta uniformemente. Cando tome temperatura, engraxamos co anaco de touciño picado nun garfo (se non tes touciño, pódese pintar con aceite de oliva, repartindo ben por toda a superficie). Cun cullerón, collemos masa e a vertemos na tixola e, virando a tixola con movementos circulares, estendémola ben para que cubra toda a superficie de maneira uniforme, creando unha capa fina. 

  5. Cando os bordes da filloa se empecen a separar da tixola, dámoslle a volta cos dedos e deixamos que se faga polo outro lado. 

  6. Repetimos este proceso co resto da masa ata terminala. 

  7. Agora só queda decidir con que comes as túas filloas: soas, con azucre, con canela, con mel, con chocolate... ou mesmo recheas cos restos do cocido. Están buenísimas con todo!

    Sobremesas-de-entroido
Palabras claves: Entroido, tradicional, repostería, postres
Deixa unha resposta

Your email address will not be published.