Ovos de galiñas alimentadas a base de millo

Empanadillas árbore de Nadal

Empanadillas árbore de Nadal

Empanadillas árbore de Nadal

Dificultad: Principiante Tiempo de preparación 28 minuto(s) Tiempo de cocción 15 minuto(s) Tiempo total 43 mins
Porciones: 6
Mejor temporada: Adecuado durante todo el año

Descripción

Unha receita perfecta para cociñar cos máis pequenos da casa este Nadal. Encantaralles facer estas empanadillas con forma de árbore de Nadal... e tamén comelas. Unha receita para cociñar con nenos, para nenos e tamén para adultos. Namoraranvos!

Ingredentes

Elaboración

  1. Cocemos os ovos 10 minutos. 

  2. Arrefriámolos e separamos as claras das xemas. 

  3. Nun bol, mesturamos as xemas co atún e a salsa de tomate (este paso poden facelo os nenos). 

  4. Relamos tres ou catro anacos de clara cun rallador e integramos na mestura. 

  5. Coa mestura xa preparada, estiramos as láminas de hoxaldre sobre unha superficie lisa e cortamos 6 triángulos, algo no que, baixo supervisión, tamén che poden axudar os nenos. 

  6. Poñemos seis triángulos sobre papel de forno e colocamos recheo encima, deixando os bordos libres para logo poder pechar. 

  7. Cubrimos con outros seis triángulos de hoxaldre e selamos os bordos cun garfo. 

  8. Cos restos da masa de hoxaldre, podemos aproveitar para decorar o triángulo con diferentes figuras. Aquí a imaxinación dos nenos axudarache moito. 

  9. Batemos un ovo e pintamos con axuda dun pincel. 

  10. Enfornamos a 180º, uns 15 minutos, ata que as empanadillas estean douradas. 

  11. E como toque final, para darlle máis cor de Nadal, podemos cortar uns anacos pequenos de pemento de piquillo e acabar de adornar a nosa árbore con eles e un pouco de ourego. 

  12. Agora só queda gozar!

Palabras claves: Nadal, aperitivos, entrantes, infantil
Leave a Comment

Your email address will not be published.