Bica galega de nata
Bica galega de nata
Unha tradicional e deliciosa receita galega, que tamén poderás facer con Thermomix.

Unha tradicional e deliciosa receita galega para a nosa sección de sobremesas, que tamén poderás facer con Thermomix. Quen se pode resistir a esta receita de bica? Próbaa e verás que non.

Bica galega de nata
Ingredientes
Instrucións
-
Mesturamos os ovos, a manteiga e o azucre ( Thermomix: 30 segundos, Velocidade 5)
-
Engadimos a fariña e o fermento, mesturamos ben ata que quede unha masa fina ( Thermomix 1 min V5)
-
Por último incorporamos a nata líquida (Thermomix: 30s, V5)
-
Forramos un molde con papel de forno. Botamos a mestura e espolvoreamos con abundante azucre.
-
Enfornamos a 200º, con calor por arriba e abaixo durante uns 40 minutos.
-
A gozar desta riquísima bica galega!