Ovos de galiñas alimentadas a base de millo
O ovo como símbolo histórico

O ovo como símbolo histórico

Sabías que o ovo foi historicamente unha icona para a humanidade? Desde os exipcios ata os celtas, a súa particular forma foi un símbolo para tradicións, crenzas e rituais. 

Desde a antigüidade, a humanidade considerou o ovo como unha icona nas súas tradicións, crenzas, rituais e mesmo nas relixións. Para moitas culturas foi un símbolo de fertilidade, de renovación e tamén de vida e renacemento. Tamén se identificou coa orixe do mundo, co chamado ovo cósmico.

Un símbolo de vida para os exipcios e gregos

Para as distintas dinastías exipcias, o ovo simbolizou a vida, aparecendo mesmo nos xeroglíficos. Segundo a súa mitoloxía, o deus do Sol, Ra, naceu a partir dun ovo que emerxeu das augas.

Era tal a importancia do ovo para os exipcios, que o chegaban a colocar no centro dos grandes elementos: terra-a casca, aire-o espazo baleiro da parte superior do ovo, lume-a xema, auga-a clara. Ademais, incluían un ovo no seu ajuar funerario para asegurarse unha vida futura.

Os gregos tamén atoparon no ovo unha explicación para a creación da vida. Segundo a tradición órfica da Grecia Antiga, o deus primordial Fanes/Protógono, que creo aos demais deuses, naceu do ovo cósmico.

huevo-como-simbolo

O ovo, orixe do Yin e o Yang

O ovo cósmico ou ovo do mundo tamén aparece na tradición chinesa. O ceo e a terra estaban xuntos dentro deste ovo, onde naceu Pan gu. Este ser mitológico chinés separou o ovo en dous, creando a Terra (Yin) e o Ceo (Yang).

Achegándonos un pouco máis ás nosas raíces, os celtas tiñan o seu propio pensamento en canto ao ovo e a vida, pois para eles un ovo alcumado Glain era a orixe do cosmos. Mesmo mantiñan unha tradición que consistía en lanzar ovos desde a cima dun outeiro na festa de Beltane para imitar o movemento do sol no ceo.

huevo-como-simbolo

O ovo como elemento da sorte

Como comentamos antes, os exipcios e os gregos entendían o ovo como a orixe da vida, por iso, era moi habitual que cando realizaban agasallos ou obsequios o ovo estivese moi presente, agrandando a fortuna se este levaba consigo dúas xemas.

Ademais, moitas tradicións relixiosas viran en torno ao obsequio de ovo, como ocorre coa Pascua, unha tradición xa celebrada polos romanos e os persas, que o consideraban un símbolo da fertilidade e renovación da vida. Máis tarde, o cristianismo adoptou esta tradición como símbolo da resurrección de Xesucristo.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.