Ovos de galiñas alimentadas a base de millo
As 4 claves para gozar dun día de romaría

As 4 claves para gozar dun día de romaría

Galicia no verán é sinónimo de romarías, festa, comida ao aire libre, música e moita diversión. E para que nada che augue a festa (e non nos referimos á choiva), deixámosche uns consellos a ter en conta. Catro craves para gozar dun día de romaría e que non che falte de nada.

Visera, suadoiro, chubasquero e calzado cómodo

Unha xornada completa ao aire libre en Galicia pode dar para moitas situacións. Lembra que aquí o tempo pode cambiar varias veces ao longo do día. Non te esquezas de levar protección solar, repelente de mosquitos, unha visera para o sol, un suadoiro ou unha chaquetiña por se refresca e un chubasquero por se aparece o orballo galego. Aquí nunca se sabe!

Tampouco pode faltar calzado cómodo para poder bailar todo o día e moverche polo campo. Os tacóns, esta vez, mellor en casa. E aínda que non sexa imprescindible, tamén podes levar roupa para cambiarche, porque nunha romaría, mancharse é fácil.

Que non falte a neveira

Para a túa comida de romaría hai algo que non pode faltar nunca: unha neveira portátil onde gardar frescas as bebidas e as receitas de romaría que necesiten frío.

Ademais, ter todo a man facilitarache as cousas, por iso é importante que organices ben o lugar onde está a comida e delimites a zona para que non haxa accidentes. Deixa a neveira e a comida nunha zona resgardada do sol, e mantén todo pechado e ben tapado ata que chegue a hora do comer. E cando acabedes para comer, volve gardar a comida (especialmente a que se poida estragar coa calor) ata que chegue a hora da merenda ou a cea.

E se necesitas trucos sobre como preparar e gardar as receitas para a túa comida campestre, podes atopalos aquí.

Unha zona para os nenos

Ir de romaría con nenos pode ser unha experiencia moi divertida… ou moi estresante. O mellor é que contan coa súa propia zona para descansar ou xogar ao seu aire.

Tende unha manta preto da mesa ou do lugar onde vos instalarades, para que teñan a súa independencia, estean o máis cómodos posible e estean preto dos maiores para que poidan acudir a eles se necesitan algo.

E non te esquezas de levar xoguetes, pero o mellor é organizar algún dos moitos xogos tradicionais que se poden facer ao aire libre

As nosas receitas de romaría

Hai outra cousa fundamental que non pode faltar nunha romaría: a comida. En Demillo elaboramos un receitario para romaría, picnic e praia con pratos orixinais, tradicionais e con moito sabor.

Tortilla-de-patatas-y-chicharrones
Todos a colaborar

De romaría todo o mundo debe integrarse e gozar, se es das persoas ás que lles gusta cociñar e manter todo en orde, permite que che axuden. Aínda que as cousas non saian perfectas, é un día para compartir e pasarllo ben. Non asumas a comida nin a festa como un traballo persoal.

En definitiva, ir de romaría é un dos plans máis apetecibles do verán, pero como todo na vida, é importante seguir unha serie de pautas para que todo salga perfecto.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.