Ovos de galiñas alimentadas a base de millo
Torta de cervexa negra para San Patricio

Torta de cervexa negra para San Patricio

Torta de cervexa negra para San Patricio

pinit

Torta de cervexa negra para San Patricio

Dificultad: Intermedio Tiempo de preparación 30 minuto(s) Tiempo de cocción 55 minuto(s) Tiempo de descanso 15 minuto(s) Tiempo total 1 h 40 mins
Porciones: 6
Mejor temporada: Adecuado durante todo el año

Descripción

O 17 de marzo é o Día de San Patricio, e dámosvos unha idea para celebralo na casa cunha receita moi especial! Unimos cervexa e chocolate... e o resultado é unha torta deliciosa, cun sabor inusual pero que, estamos seguros, encantarache.  

Ingredientes

Para o biscoito

Para o frosting

Preparación

Preparación do biscoito

  1. Poñemos a cervexa nun cazo a lume medio. 

  2. Cando a cervexa estea quente (sen chegar a ferver), cortamos a manteiga en dados, engadímola e removemos ata que se derrita por completo. Retiramos do lume e reservamos. 

  3. Nun bol a parte, mesturamos a fariña, o cacao, o azucre e o bicarbonato. Integramos todo ben e reservamos. 

  4. Noutro recipiente, batemos os ovos, a nata líquida e o extracto de vainilla ata conseguir unha mestura homoxénea.

  5. Mentres imos prequentando o forno a 170º, engadimos a mestura de cervexa ao bol dos ovos, a nata e a vainilla. Mesturamos todo ben e integramos, por último, os ingredientes secos. 

  6. Vertemos a masa nun molde que previamente temos untado con manteiga e enfariñado. Enfornamos durante 50-55 minutos. Se o picamos cun escarvadentes e sae limpo…o biscoito xa está feito!

  7. Sacamos o biscoito do forno e esperamos 15 minutos antes de desmoldar. Así xa está listo para comer, pero tamén podes engadirlle un frosting. 

Preparación do frosting

  1. Montamos a nata líquida nun bol e reservamos no frigorífico (ten que estar ben fría para utilizala despois).

  2. Noutro bol, mesturamos o queixo crema e o azucre glas ata obter unha masa cremosa e homoxénea.

  3. Engadimos a nata en 2-3 veces, para conseguir unha textura moito máis consistente.

  4. Cando o biscoito estea a temperatura ambiente, estendemos o frosting na superficie…e listo para cantar!

Palabras claves: san patricio, biscoitos, chocolate, repostería
Leave a Comment

Your email address will not be published.