Opciones de impresión:

Tortilla de olivada e tomate seco

Entrantes-de-Nadal
Método de cocción
Cocina
Dificultad Intermedio
Tempo
Tiempo de preparación: 30 minuto(s) Tiempo total: 30 mins
Porciones 6
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

Unha potente combinación de tortillas coas que poderás dar un toque de personalidade extra aos teus entrantes do Nadal. Olivada, tomate seco e queixo parmesano, unha combinación moi apropiada para os que aman os sabores fortes.

Ingredientes
  • 9 ovos Demillos
  • 100 gramos olivas negras
  • 100 gramos tomates secos (poñer a hidratar con auga quente unha hora antes)
  • 125 gramos queixo parmesano relado
  • 3 follas de alfábega
  • 1/2 dente de allo
  • Aceite de oliva
  • Sal
Elaboración
  1. Preparamos a olivada triturando xuntas as olivas negras, as follas de albáfega, tres tomates secos (previamente hidratados) e o allo. Engadimos aos poucos o aceite de oliva, ata que teña unha consistencia cremosa, pero espesa.

  2. Batemos tres ovos e engadimos a olivada. Mesturamos ben e facemos unha tortilla con esa mestura. Reservamos.

  3. Trituramos o resto dos tomates secos, batemos outros tres ovos e mesturámolo. Callamos outra tortilla con esta mestura e colocámola encima da de olivada.

  4. Por último, batemos os tres ovos restantes e mesturámolos co parmesano relado. Facemos tamén unha tortilla e colocámola encima das outras dúas.

  5. Deixamos arrefriar, cortamos a torre de tres tortillas en tacos. 

  6. Empratamos, e listo para sorprender con este marabilloso entrante!

Palabras claves: Nadal, entrantes, cociña fácil,