Tortilla de olivada e tomate seco
Tortilla de olivada e tomate seco


Tortilla de olivada e tomate seco
Descripción
Unha potente combinación de tortillas coas que poderás dar un toque de personalidade extra aos teus entrantes do Nadal. Olivada, tomate seco e queixo parmesano, unha combinación moi apropiada para os que aman os sabores fortes.
Ingredientes
Elaboración
-
Preparamos a olivada triturando xuntas as olivas negras, as follas de albáfega, tres tomates secos (previamente hidratados) e o allo. Engadimos aos poucos o aceite de oliva, ata que teña unha consistencia cremosa, pero espesa.
-
Batemos tres ovos e engadimos a olivada. Mesturamos ben e facemos unha tortilla con esa mestura. Reservamos.
-
Trituramos o resto dos tomates secos, batemos outros tres ovos e mesturámolo. Callamos outra tortilla con esta mestura e colocámola encima da de olivada.
-
Por último, batemos os tres ovos restantes e mesturámolos co parmesano relado. Facemos tamén unha tortilla e colocámola encima das outras dúas.
-
Deixamos arrefriar, cortamos a torre de tres tortillas en tacos.
-
Empratamos, e listo para sorprender con este marabilloso entrante!