Opciones de impresión:

Torta de cervexa negra para San Patricio

Método de cocción
Cocina
Dificultad Intermedio
Tempo
Tiempo de preparación: 30 minuto(s) Tiempo de cocción: 55 minuto(s) Tiempo de descanso: 15 minuto(s) Tiempo total: 1 h 40 mins
Porciones 6
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

O 17 de marzo é o Día de San Patricio, e dámosvos unha idea para celebralo na casa cunha receita moi especial! Unimos cervexa e chocolate... e o resultado é unha torta deliciosa, cun sabor inusual pero que, estamos seguros, encantarache.  

Ingredientes
    Para o biscoito
  • 400 gramos azucre
  • 250 gramos manteiga
  • 400 gramos azucre
  • 1 cucharaditas extracto de vainilla
  • 140 miligramos nata líquida para montar
  • 250 miligramos cervexa negra tipo Guinness
  • 250 gramos fariña de repostería
  • 75 gramos cacao en po
  • 2 e 1/2 cucharaditas bicarbonato de sodio
  • Para o frosting
  • 250 mililitros nata líquida para montar
  • 200 gramos queixo crema
  • 120 gramos azucre glas
Preparación
    Preparación do biscoito
  1. Poñemos a cervexa nun cazo a lume medio. 

  2. Cando a cervexa estea quente (sen chegar a ferver), cortamos a manteiga en dados, engadímola e removemos ata que se derrita por completo. Retiramos do lume e reservamos. 

  3. Nun bol a parte, mesturamos a fariña, o cacao, o azucre e o bicarbonato. Integramos todo ben e reservamos. 

  4. Noutro recipiente, batemos os ovos, a nata líquida e o extracto de vainilla ata conseguir unha mestura homoxénea.

  5. Mentres imos prequentando o forno a 170º, engadimos a mestura de cervexa ao bol dos ovos, a nata e a vainilla. Mesturamos todo ben e integramos, por último, os ingredientes secos. 

  6. Vertemos a masa nun molde que previamente temos untado con manteiga e enfariñado. Enfornamos durante 50-55 minutos. Se o picamos cun escarvadentes e sae limpo…o biscoito xa está feito!

  7. Sacamos o biscoito do forno e esperamos 15 minutos antes de desmoldar. Así xa está listo para comer, pero tamén podes engadirlle un frosting. 

  8. Preparación do frosting
  9. Montamos a nata líquida nun bol e reservamos no frigorífico (ten que estar ben fría para utilizala despois).

  10. Noutro bol, mesturamos o queixo crema e o azucre glas ata obter unha masa cremosa e homoxénea.

  11. Engadimos a nata en 2-3 veces, para conseguir unha textura moito máis consistente.

  12. Cando o biscoito estea a temperatura ambiente, estendemos o frosting na superficie…e listo para cantar!

Palabras claves: san patricio, biscoitos, chocolate, repostería