Opciones de impresión:

Saquiños de filloa recheos de bacallau e marisco

Entrantes-de-Nadal-filloas
Método de cocción
Cocina
Dificultad Intermedio
Tempo
Tiempo de preparación: 30 minuto(s) Tiempo de cocción: 20 minuto(s) Tiempo de descanso: 40 minuto(s) Tiempo total: 1 h 30 mins
Porciones 6
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

Unha das receitas máis representativas da gastronomía galega, as filloas, con outro dos produtos estrela desta terra, o marisco. Estes saquiños recheos de bacallau e marisco son unha aposta segura para sorprender aos teus invitados cos teus entrantes de Nadal. Unha receita de luxo. Que aproveite!

Ingredientes
    Para as filloas
  • 3 ovos Demillo
  • 400 mililitros leite
  • 75 mililitros auga
  • 200 gramos fariña
  • Sal
  • 1 trozo de touciño
  • Para o recheo
  • 150 gramos gambón
  • 1 lomo pequeno de bacallau fresco ou desalado
  • 1 lata de berberechos
  • 0.5 vaso de viño branco
  • 2 tazas fariña
  • 1 vaso de leite
  • 1 tazas aceite de oliva
  • Sal
  • Pementa
  • 400 mililitros leite
Elaboración
  1. Pelamos e limpamos os gambones. Cortámolos en anacos e facemos o mesmo co bacallau.

  2. Picamos a cebola mentres quentamos o aceite nunha tixola.

  3. Deixamos que se faga a cebola. Engadimos o bacallau e os gambóns e deixamos que se fagan durante un minuto. (Neste momento pódese salpimentar, pero tanto o bacallau como o marisco xa achegan sal á receita).

  4. Engadimos os berberechos e o viño branco e deixamos que reduza a salsa.

  5. Cando a salsa se vaia reducindo, engadimos a fariña e revolvemos para integrala.

  6. Engadimos leite e revolvemos continuamente ata que a salsa empece a espesar.

  7. Retiramos e reservamos.

  8. Facemos as filloas seguindo a receita tradicional galega.

  9. Entrantes-de-Navidad

    Enchemos as filloas coa bechamel, o bacallau e o marisco, pechamos cun cordón de rafia e empratamos.

Palabras claves: nadal, entrantes, cocina fácil,