Opciones de impresión:

Pementos recheos de carne con ovo escalfado

Método de cocción
Dificultad Intermedio
Tempo
Tiempo de preparación: 40 minuto(s) Tiempo total: 40 mins
Porciones 2
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

Unha receita que combina dúas fontes de proteína coas verduras. Un prato moi vistoso, económico e moi saboroso. Apunta os ingredientes e os pasos. 

Ingredientes
  • 4 ovos Demillo
  • 2 pementos morrones vermellos
  • 300 gramos carne picada de cerdo
  • 1 cebola
  • 1 dente de allo
  • 1 cenoria
  • 100 gramos tomate triturado
  • 1 vaso de viño branco
  • sal
  • pementa
Elaboración
  1. Cortamos o allo e a cebola en anacos pequenos e o pochamos nunha tixola cun pouco de aceite. 

  2. Engadimos a cenoria tamén cortada en anacos pequenos e pochamos. 

  3. Engadimos agora a carne picada, salpimentamos e revolvemos ben. Engadimos o viño branco e deixamos que se vaia facendo carne e o viño se evapore. 

  4. Engadimos o tomate triturado, mesturamos e deixamos cociñar uns poucos minutos. 

  5. Mentres a carne faise, cortamos os pementos pola metade e limpamos. 

  6. Poñemos as catro metades de pemento nunha bandexa de forno e enchemos coa carne.

  7. Enfornamos 20 minutos ata que o pemento estea brando.

  8. Sacamos os pementos do forno e preparamos os ovos escalfados, seguindo algúns destes métodos

  9. Coloca un ovo escalfado encima de cada pemento recheo... e terás un prato perfecto! 

Palabras claves: Sinxelo, tradicional