Opciones de impresión:

Ovos recheos de lagostinos, salmón e mango

Ovos-recheos
Método de cocción
Dificultad Principiante
Tempo
Tiempo de preparación: 15 minuto(s) Tiempo de cocción: 10 minuto(s) Tiempo total: 25 mins
Porciones 4
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

Unha orixinal e refrescante receita de ovos recheos, que integra o intenso sabor do marisco e a froita tropical. Unha opción perfecta para un entrante (tamén para Nadal), para un cóctel ou para unha cea lixeira.

Ingredientes
  • 8 ovos Demillo
  • 200 gramos langostinos cocidos
  • 150 gramos salmón afumado
  • 1/2 mango maduro
  • 1/2 cebola dulce
  • Maionesa
Elaboración
  1. receta-ovos-escoceses-demillo

    Cocemos os 8 ovos Demillo en auga uns 10 minutos. Retiramos, mergullamos en auga fría e deixamos arrefriar mentres facemos a mestura do recheo.

  2.  
    Picamos o salmón afumado, o mango, a cebola e os lagostinos en anacos pequenos. Reservamos algunhas colas de lagostino para decorar.
  3. Quitamos a casca aos ovos e cortámolos pola metade. Sacamos a xema e reservamos para usar unha parte no recheo.

  4. Mesturamos ben todos os ingredientes que cortamos previamente cunha pequena parte das xemas desmenuzadas e maionesa.

  5. Enchemos as metades dos ovos cocidos coa mestura e decoramos con maionesa e coas colas de lagostino.

  6. Ovos-recheos

    Ovos recheos listos para degustar!

Palabras claves: nadal, entrantes, cociña fácil,