Opciones de impresión:

Orellas de Entroido

Sobremesas-de-entroido-Demillo
Método de cocción
Cocina
Dificultad Intermedio
Tempo
Tiempo de preparación: 20 minuto(s) Tiempo de cocción: 30 minuto(s) Tiempo de descanso: 60 minuto(s) Tiempo total: 1 h 50 mins
Porciones 6
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

As orellas son outra das receitas tradicionais galegas da época de Entroido, unha sobremesa sinxela que pasou de xeración en xeración e xa aparecía recollido na Cociña Galega de Álvaro Cunqueiro. O seu nome débese a que a súa forma lembra ás orellas do porco, e a súa orixe parece estar relacionado co xaxún da coresma.

Ingredientes
  • 2 ovos Demillo
  • 500 gramos Fariña
  • 100 gramos manteiga derretida (ou manteiga de porco)
  • 150 mililitros auga templada
  • 200 mililitros anís ou augardente
  • 100 gramos azucre (pode ser glass)
  • 1 limón
  • 1 laranxa
  • 1 chisco de sal
  • Aceite de oliva
  • Azucre glass
Elaboración
  1. Lavamos o limón e a laranxa relamos a pel. Reservamos.

  2. Derretimos a manteiga e mesturamos nun bol grande coa auga, o anís e os ovos, o belisco de sal, o azucre e a ralladura de laranxa e limón. Mesturamos todo ben ata que non queden grumos.
  3. Empezamos a incorporar a fariña aos poucos, mesturando cunha balea ou un garfo primeiro e logo coas mans. O obxectivo é que quede unha masa un pouco grasosa, manexable e un pouco húmida ao tacto.
  4. Deixamos repousar a masa, tapada cun pano a temperatura ambiente, durante unha hora.
  5. Unha vez repousase, collemos anacos de masa do tamaño dunha noz e estirámola co rodete ata que quede unha capa moi fina de masa. Se a masa se pega, poñemos un pouco de aceite no rodete.
  6. Fritimos en aceite abundante, dándolles a volta para que se douren polos dous lados. Imos retirando para unha fonte con papel absorbente. 
     
  7. Cando arrefríen, espolvoreamos con azucre glass... e sobremesa de entroido listo!

Palabras claves: Entroido, sobremesas, tradicional