Opciones de impresión:

Muffins de ovo, xamón cocido e verduras

Muffins-de-huevo
Método de cocción
Cocina
Dificultad Principiante
Tempo
Tiempo de preparación: 10 minuto(s) Tiempo de cocción: 20 minuto(s) Tiempo total: 30 mins
Porciones 4
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

Un riquísimo entrante que é perfecto tamén para unha comida campestre, para o almorzo ou para unha cea saudable. Unha receita lixeira, sinxela e rápida de preparar.

Ingredientes
  • 6 ovos Demillo
  • 500 gramos espinacas
  • 200 gramos xamón cocido
  • 80 gramos mozarella relada
  • 100 gramos champiñóns laminados
  • cebola
  • Pemento vermello
  • Pemento amarelo
  • Sal
  • Pementa
Elaboración
  1. Lavamos as verduras e picámolas en anacos pequenos.

  2. Cortamos tamén o xamón en anacos (tamén podes usar peituga de pavo).

  3. Mesturamos as verduras, o xamón e a mozarella nun bol. Untamos un molde de muffins e colocamos a mestura en cada espazo.

  4. Batemos os ovos, salpimentamos e imos vertendo sobre a mestura de verduras e xamón en cada espazo do molde, ata enchelo.

  5. Enfornamos a 180 graos durante uns 15/20 minutos, ata que os muffins estean dourados.

  6. Desmoldamos con coidado para que non rompan... e listos! Podes comelos fríos ou quentes e acompañalos con algunha salsa. Aínda que sós están... para chuparse os dedos.