Opciones de impresión:

Madalenas caseiras de limón

Método de cocción
Cocina
Dificultad Principiante
Tempo
Tiempo de preparación: 10 minuto(s) Tiempo de cocción: 15 minuto(s) Tiempo total: 25 mins
Porciones 24
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

Un clásico da repostería caseira cun delicioso toque cítrico. Estas madalenas de limón son moi fáciles de preparar, enfórnanse en 15 minutos e están riquísimas. Perfectas para os almorzos e merendas dos nenos, ou para tomar co café. Apunta a receita, porque a usarás moitas veces. 

Ingredientes
  • 3 ovos Demillo
  • 200 gramos azucre
  • 300 gramos fariña de repostería
  • 180 mililitros leite
  • 180 mililitros aceite de oliva suave ou de xirasol
  • 1 limón
  • 1 gramos sobre fermento en po
Elaboración
  1. Botamos os ovos nun bol co azucre. Batemos con baleas ata que empecen a espumear. 

  2. Engadimos o leite e o aceite. Mesturamos ben co anterior. 

  3. Relamos o limón e espremémolo. Engadimos o zume e a ralladura á mestura de ingredientes. 

  4. Incorporamos a fariña tamizada e o fermento. Revolvemos cunha espátula con movementos envolventes para ir integrándoa na mestura. 

  5. Deixamos repousar a mestura mentres prequentamos o forno a 180 graos uns minutos. 

  6. Nun molde para madalenas, colocamos cápsulas de papel. Tamén se pode facer con papel de enfornar, cortando cadrados e encaixándoos nos ocos do molde. 

  7. Enchemos cada molde vertendo só as dúas terceiras partes de cada cápsula. 

  8. Enfornamos as madalenas durante 15 minutos, con calor por abaixo. 

  9. Déixaas arrefriar e listas para almorzar, merendar ou tomar co café!

Palabras claves: Repostería, madalenas,