Unha receita perfecta para cociñar cos máis pequenos da casa este Nadal. Encantaralles facer estas empanadillas con forma de árbore de Nadal... e tamén comelas. Unha receita para cociñar con nenos, para nenos e tamén para adultos. Namoraranvos!
Cocemos os ovos 10 minutos.
Arrefriámolos e separamos as claras das xemas.
Nun bol, mesturamos as xemas co atún e a salsa de tomate (este paso poden facelo os nenos).
Relamos tres ou catro anacos de clara cun rallador e integramos na mestura.
Coa mestura xa preparada, estiramos as láminas de hoxaldre sobre unha superficie lisa e cortamos 6 triángulos, algo no que, baixo supervisión, tamén che poden axudar os nenos.
Poñemos seis triángulos sobre papel de forno e colocamos recheo encima, deixando os bordos libres para logo poder pechar.
Cubrimos con outros seis triángulos de hoxaldre e selamos os bordos cun garfo.
Cos restos da masa de hoxaldre, podemos aproveitar para decorar o triángulo con diferentes figuras. Aquí a imaxinación dos nenos axudarache moito.
Batemos un ovo e pintamos con axuda dun pincel.
Enfornamos a 180º, uns 15 minutos, ata que as empanadillas estean douradas.
E como toque final, para darlle máis cor de Nadal, podemos cortar uns anacos pequenos de pemento de piquillo e acabar de adornar a nosa árbore con eles e un pouco de ourego.
Agora só queda gozar!