Opciones de impresión:

Biscoito de millo, limón e orujo

Biscoito-de-millo-receitas-de-romaria
Método de cocción
Cocina
Dificultad Intermedio
Tempo
Tiempo de preparación: 20 minuto(s) Tiempo de cocción: 30 minuto(s) Tiempo de descanso: 20 minuto(s) Tiempo total: 1 h 10 mins
Porciones 6
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

Unha miga compacta, pero ao mesmo tempo esponxosa, e con esa característica cor amarela que lle dá o millo. Un capricho doce para levar de sobremesa a calquera romaría ou comida campestre. Con esta receita de biscoito, non hai decepción posible.

Ingredientes
  • 4 ovos Demillo
  • 1 yogur de limón (usamos o vaso como medida)
  • 1 medida de aceite de oliva
  • 2 medidas de azucre
  • 2 medidas de fariña de millo
  • 1 medida de fariña de trigo
  • 1 sobre de fermento en po
  • 100 mililitros orujo
  • Manteiga ou aceite para engraxar o molde
  • Azucre glass
Elaboración
  1. Poñemos o forno para prequentar a 180ºC e botamos o iogur nun bol para poder usar o vaso como medida para o resto de ingredientes. 

  2. Batemos os ovos co azucre ate que quede unha masa ben ligada.

  3. Engadimos o iogur, o fermento coa fariña tamizada, o orujo e o aceite. Batemos ben cada vez que engadimos un novo ingrediente. 

  4. Seguimos batendo ata ter unha masa homoxénea e fina.

  5. Untamos un molde con manteiga e fariña. Envorcamos a mestura no molde.

  6. Enfornamos durante 30-35 minutos a 180ºC.

  7. Desmoldamos, deixamos arrefriar e espolvoreamos con azucre glass. ¡E sobremesa lista para irse de romaría!

Palabras claves: Romaría, sobremesa, biscoito