Biscoito de millo, limón e orujo
Biscoito de millo, limón e orujo


Biscoito de millo, limón e orujo
Descripción
Unha miga compacta, pero ao mesmo tempo esponxosa, e con esa característica cor amarela que lle dá o millo. Un capricho doce para levar de sobremesa a calquera romaría ou comida campestre. Con esta receita de biscoito, non hai decepción posible.
Ingredientes
Elaboración
-
Poñemos o forno para prequentar a 180ºC e botamos o iogur nun bol para poder usar o vaso como medida para o resto de ingredientes.
-
Batemos os ovos co azucre ate que quede unha masa ben ligada.
-
Engadimos o iogur, o fermento coa fariña tamizada, o orujo e o aceite. Batemos ben cada vez que engadimos un novo ingrediente.
-
Seguimos batendo ata ter unha masa homoxénea e fina.
-
Untamos un molde con manteiga e fariña. Envorcamos a mestura no molde.
-
Enfornamos durante 30-35 minutos a 180ºC.
-
Desmoldamos, deixamos arrefriar e espolvoreamos con azucre glass. ¡E sobremesa lista para irse de romaría!