Ovos de galiñas alimentadas a base de millo
Un ovo ao día, é alegría!

Un ovo ao día, é alegría!

Si, si, como o les: “Un ovo ao día é alegría”. Ademais de que están boísimos, son moitos os motivos polos que se recomenda o seu consumo diario. E para que poidas defender a túa postura, dámosche varias claves de por qué incluír os ovos na túa dieta diaria non ten unha repercusión negativa sobre a túa saúde. Máis ben todo o contrario!

Cantas veces escoitaches a frase “como te pases cos ovos vai subir o colesterol”? Mitos e máis mitos! Os ovos conteñen lipoproteínas de alta densidade, máis coñecidas como “colesterol bo”. É certo que o colesterol é un dos peores inimigos do corazón e isto débese a que, ao oxidarse, vólvese dañino. Con todo, a xema do ovo contén antioxidantes como o triptófano e a tirosina que evitan que este proceso teña lugar. Teoría desmontada!

E, por se non fose suficiente, sabías que case todos os nutrientes que o noso corpo necesita pódense atopar neste alimento? Por iso, son moitos os expertos nutricionistas que recomendan mesmo empezar o día incluíndo un ovo na xa bautizada como “comida máis importante do día”: o almorzo.

Previr enfermidades cardiovasculares

Entón, por que teñen tan mala fama? Unha serie de crenzas equivocadas sobre os seus beneficios e, sobre todo, a falta de información, fixeron que deixemos de lado uno dos alimentos máis nutritivos e ricos en proteínas, tanto para os nenos como para os adultos.

Diversas investigacións internacionais suxiren que aumentar a inxesta deste alimento pode mesmo axudar a previr enfermidades cardiovasculares. E non só iso, senón que contan cunha longa lista de beneficios que os avalan. Non o dicimos nós… dio a ciencia! Así que xa podes gozar sen remorsos do sabor dos ovos de sempre e, o máis importante, sempre que queiras! Porque un ovo ao día, é alegría.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.