Tortiñas caseiras con ovos Demillo
Tortiñas caseiras con ovos Demillo


Tortiñas caseiras con ovos Demillo
Descripción
Tenras, esponxosas e co toque inigualable dos ovos Demillo. Non te perdas esta receita de tortiñas.
Elaboración
-
Poñemos no vaso da batedora os dous ovos, o azucre e o leite. Batemos todo.
-
Incorporamos a fariña e o fermento e seguimos batendo, ata que quede unha pasta líquida pero espesa.
-
Engraxamos un ferro ou tixola antiadherente cun anaquiño de manteiga ou margarina e poñemos un pouco da mestura na tixola.
-
Cando toda a superficie se encha de burbullas, cunha espátula ou lingua, dámoslle a volta. Deixamos que se doure polo outro lado.
-
Repetimos este último paso co resto da masa, ata que a esgotemos.
-
Espolvoreamos con cacao ou azucre glass. Tamén podemos poñerlle mel, chocolate líquido, nata, sirope ou froitas. A gusto do consumidor.
-
E tortiñas caseiras para almorzar ou merendar!