Opciones de impresión:

Tortilla de pataca e pementos de Padrón

Tortilla-de-pataca-pementos-padron-Demillo
Método de cocción
Dificultad Intermedio
Tempo
Tiempo de preparación: 20 minuto(s) Tiempo de cocción: 30 minuto(s) Tiempo total: 50 mins
Porciones 4
Mejor temporada Verano
Descripción

Xa é época de pementos de Padrón! Así que unimos tres produtos moi galegos para crear esta exquisita tortilla. Pero lembra, " uns pican e outros non".

Ingredientes
  • 5 ovos Demillo
  • 1 kilogramos patacas galegas
  • 250 gramos pementos de Padrón
  • Aceite de oliva
  • Sal
Instruccións
  1. Tortilla-de-pataca-e-pementos-Demillo

    Pelamos e cortamos as patacas en láminas finas. Mentres poñemos xa a fritir os pementos en abundante aceite.

  2. Tortilla-de-pataca-e-pementos-Demillo

    Fritimos tamén as patacas en abundante aceite, ata que estean brandas (non tostadas).

  3. Retiramos os pementos do lume canto estean brandos e poñémolos sobre papel de cociña para absorber o aceite. Picamos en anacos moi pequenos.

  4. Batemos os cinco ovos e mesturamos cos pementos picados.

  5. Sacamos as patacas, escorremos ben o aceite e mesturámolas co ovo, o pemento e salgamos. Mesturamos todo ben e deixamos repousar uns minutos para que se mesturen ben os sabores e a pataca empápese ben co ovo.

  6. Vertemos a mestura na mesma tixola na que fritimos as patacas, unha vez retirado o aceite. Cociñamos a tortilla polos dous lados máis ou menos tempo, en función de se vos gusta máis pasada ou co ovo máis solto.

  7. Tortilla-de-pataca-e-pementos-de-padron-Demillo

    Unha vez cociñada a tortilla polos dous lados, retirámola do lume, envorcámola nun prato, fonte ou recipiente de madeira... E lista!

Palabras claves: Prato principal, tortilla, pementos de Padrón