Torta de noces
Torta de noces


Torta de noces
Descripción
Unha deliciosa receita de repostería para os amantes do doce e os froitos secos.
Ingredientes
Instrucións
-
Mesturamos o ovo con 150 gramos de manteiga, 100 gramos de azucre, a fariña e o sobre de fermento.
-
Poñemos a mestura nun molde do forno, untado con margarina ou manteiga e metemos no forno a 180/200 graos uns 15 minutos
-
Mentres, derretimos os outros 150 gramos de margarina (ou manteiga) e mesturámolos cos outros 100 gramos de azucre, a cullerada de leite e as noces partidas.
-
Sacamos a torta do forno e poñemos a mestura por encima, repartíndoa ben por toda a superficie.
-
Metemos de novo ao forno outros 30 minutos.
-
Deixamos arrefriar, desmoldamos e a comer!