Opciones de impresión:

Rosquillas de anís fritidas

Rosquillas
Método de cocción
Cocina
Dificultad Intermedio
Tempo
Tiempo de preparación: 30 minuto(s) Tiempo de cocción: 15 minuto(s) Tiempo de descanso: 30 minuto(s) Tiempo total: 1 h 15 mins
Porciones 10
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

É unha das sobremesas tradicionais do entroido galego, pero tamén unha das que se preparan durante todo o ano para merendas e almorzos. Unha receita que se foi transmitindo de xeración en xeración e que nos traslada á infancia na casa da avoa. Aínda que é un pouco laborioso, é fácil de preparar.

Ingredientes
  • 3 ovos Demillo
  • 500 gramos fariña
  • 100 mililitros aceite de oliva
  • 60 mililitros anís doce
  • 150 gramos azucre
  • 1 sobre de leite en polvo
  • ralladura de limón
  • 1 pizca sal
  • 500 miligramos aceite para fritir
  • 150 gramos azucre glass para espolvorear
Elaboración
  1. Bater os ovos e mesturalos nun bol co azucre. Seguimos batendo ata que quede unha escuma esbrancuxada.

  2. Engadir á mestura anterior, o aceite, o anís, a reladura de limón e a pitada de sal. Integramos todo ben.

  3. Mesturamos o 80% da fariña coa levadura. Colocámolo sobre unha superficie lisa, ou nunha cunca, e facemos un burato no medio creando unha especie de volcán.

  4. Vertemos a mestura líquida no centro do volcán e comezamos a mesturar coa fariña. Primeiro facémolo cunha espátula ou cun garfo, pero a medida que vai espesando, imos amasando coas mans. Engadir fariña ata que quede unha masa manexable que non se pegue aos dedos.

  5. Facemos unha bola á masa e deixámola reposar durante media hora.

  6. Cando a masa esté lista, cortamos anacos pequenos e formamos unha bola. Aplanamos un pouco a bóla e facemos un burato no medio e moldeamos cos dedos para darlle forma de rosca. Repetimos este proceso ata rematar a masa.

  7. Preparar unha tixola con abundante aceite para fritir. Quentamos, sen deixar fumar, e fritimos as rosquillas en lotes de 5 ou 6. Hai que controlar a temperatura do aceite para que non se quente demasiado mentres facemos as roscas. O mellor é que, unha vez alcanzada a temperatura adecuada, baixa a temperatura media.

  8. Para rematar, sacamos primeiro as rosquillas para un papel absorbente, para que absorba o exceso de aceite. Deixamos arrefriar, pasamos a unha bandexa e espolvoreamos con azucre glas.

Palabras claves: Entroido, postres, tradicional