Opciones de impresión:

Rolos de ovo revolto, xamón e queixo

Roliños-de-ovo
Método de cocción
Dificultad Principiante
Tempo
Tiempo de preparación: 20 minuto(s) Tiempo de cocción: 7 minuto(s) Tiempo total: 27 mins
Porciones 4
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

Esta receita é unha gran opción para un aperitivo e para levar á praia ou a unha comida campestre. A ensalada e os tomates cherry danlle un toque fresco, perfecto para os días de verán. Unha receita con moita cor e sabor, que seguro que tamén lle encantará aos máis pequenos da casa.

Ingredientes
  • 4 ovos Demillo
  • 125 gramos xamón cocido
  • 8 lonchas de queixo
  • 10 tomates cherry
  • 1 paquete de tortillas de trigo
  • Mezclum de leitugas
  • 2 culleres de maionesa
  • Aceite
  • Sal
Elaboración
  1. Batemos os ovos, salpimentamos, e nunha tixola cun pouco de aceite facémolos revoltos ou en dúas tortillas francesas. 

  2. Colocamos unha tortilla de trigo sobre papel filme (co que logo enrolaremos, así que é importante que o papel sexa máis grande que a tortilla). 

  3. Estendemos unha cullerada de maionesa sobre a tortilla de trigo. Colocamos encima un lisco de xamón (ou dous sen son pequenas) e dous liscos de queixo. 

  4. Agora colocamos o ovo revolto, ou a tortilla francesa, no centro, sobre o xamón e o queixo. 

  5. Encima do ovo, colocamos cinco tomates cherry (para que asenten mellor, podemos cortar un pouco a base) e o mezclum de leitugas. 

  6. Agora enrolamos, facendo un rulo e envolvemos co papel filme. Facemos un rulo e apertamos ben para que o rolo quede o máis apertado posible. Metemos na neveira. 

  7. Antes de comer, sacamos os rolos da neveira e cortámolos en anacos. E se os levas de picnic, podes cortalos tamén antes de empezar a comer ou deixalos enteiros e comelos como un burrito.

Palabras claves: Saudable, picnic, fácil, romaría