Rolos de ovo revolto, xamón e queixo
Rolos de ovo revolto, xamón e queixo


Rolos de ovo revolto, xamón e queixo
Descripción
Esta receita é unha gran opción para un aperitivo e para levar á praia ou a unha comida campestre. A ensalada e os tomates cherry danlle un toque fresco, perfecto para os días de verán. Unha receita con moita cor e sabor, que seguro que tamén lle encantará aos máis pequenos da casa.
Ingredientes
Elaboración
-
Batemos os ovos, salpimentamos, e nunha tixola cun pouco de aceite facémolos revoltos ou en dúas tortillas francesas.
-
Colocamos unha tortilla de trigo sobre papel filme (co que logo enrolaremos, así que é importante que o papel sexa máis grande que a tortilla).
-
Estendemos unha cullerada de maionesa sobre a tortilla de trigo. Colocamos encima un lisco de xamón (ou dous sen son pequenas) e dous liscos de queixo.
-
Agora colocamos o ovo revolto, ou a tortilla francesa, no centro, sobre o xamón e o queixo.
-
Encima do ovo, colocamos cinco tomates cherry (para que asenten mellor, podemos cortar un pouco a base) e o mezclum de leitugas.
-
Agora enrolamos, facendo un rulo e envolvemos co papel filme. Facemos un rulo e apertamos ben para que o rolo quede o máis apertado posible. Metemos na neveira.
-
Antes de comer, sacamos os rolos da neveira e cortámolos en anacos. E se os levas de picnic, podes cortalos tamén antes de empezar a comer ou deixalos enteiros e comelos como un burrito.