Opciones de impresión:

Rolo de tortilla con salmón e crema de queixo

Entrantes-de-Nadal-Demillo
Método de cocción
Cocina
Dificultad Intermedio
Tempo
Tiempo de preparación: 15 minuto(s) Tiempo de cocción: 10 minuto(s) Tiempo de descanso: 30 minuto(s) Tiempo total: 55 mins
Porciones 6
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

Unha receita moi fácil e rica, que poderás preparar en poucos minutos e que é perfecta para servir cos teus aperitivos ou entrantes de Nadal. Un rolo de tortilla francesa con salmón que sabemos que che encantará!

Ingredientes
  • 4 ovos Demillo
  • 250 gramos salmón afumado
  • 200 gramos queixo crema
  • endro fresco ou seco
  • 100 gramos pepinillos en vinagre finamente picados ou alcaparras
  • 100 gramos noces picadas
  • Pementa moida
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Papel film ou papel albal para enrolar
Elaboración
  1. Batemos os catro ovos Demillo.

  2. Preparamos unha bandexa ou recipiente de forno con papel vexetal e prequentamos o forno a 180º.

  3. Engadimos os ovos batidos e forneamos uns 15 minutos.

  4. Mentres se calla o ovo, mesturamos nun bol o queixo crema co endro, as noces, os pepinillos picados e a pementa moída.

  5. Estiramos un anaco de film transparente e colocamos a tortilla encima. Sobre ela, untamos a mestura de queixo crema deixando un dedo de distancia no borde. Encima, coloca os liscos de salmón estirados.

  6. Enrolamos con axuda do plástico.  Canto máis apertado quede, mellor, se poderá cortar e servir. Envólveo co mesmo film e déixao repousar no frigorífico durante unhas horas.

  7. Entrantes-de-Navidad

    Corta o rolo en porcións cun coitelo ben afiado. Coloca un escarvadentes en cada rolo e serve nunha bandexa. Podes decorar con follas de endro, un pouco de raiadura de limón e un chorriño de aceite de oliva.

Palabras claves: nadal, entrantes, cociña fácil, aperitivos