Opciones de impresión:

Rolo de carne picada recheo de ovo

Método de cocción ,
Dificultad Intermedio
Tempo
Tiempo de preparación: 58 minuto(s) Tiempo total: 58 mins
Porciones 8
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

Unha versión alternativa do noso rolo de tenreira galega, esta vez con carne picada. Unha opción máis fácil para que os nenos da casa axuden co menú deste Nadal. Seguro que lles encantará sorprender a toda a familia coa súa creación. 

Ingredentes
  • 5 ovos Demillo
  • 450 gramos carne picada de tenreira galega
  • 300 gramos carne picada de porco
  • 150 gramos liscos de xamón cocido
  • 300 gramos panceta afumada
  • 150 gramos queixo de barra fundente
  • 2 rebanadas de pan de molde
  • 1 tazas leite
  • 1 dente de allo
  • Perexil fresco
  • 1 bote de pementos
  • 1 bote de aceitunas
  • Sal
  • Pementa molida
Elaboración
  1. Cocemos catro ovos Demillo 8 minutos e reservamos

  2. Poñemos o pan a remollar no leite. 

  3. Picamos o perexil e o allo

  4. Nun bol, mesturamos a carne picada de tenreira e de porco. Engadimos o allo, o perexil, a pementa moída, sal, o outro ovo e o pan escorrido. Integramos todo ben. 

  5. Nunha bandexa do forno, colocamos papel de enfornar e colocamos encima a panceta afumada, superpoñéndoa lixeiramente. Aos peques seguro que lles divertirá facer este paso. 

  6. E poden seguir axudando coa receita. Agora toca colocar a carne picada encima da panceta afumada e estendela ben para que cubra a maior parte. 

  7. Colócanse os liscos de xamón encima (sen chegar aos bordos), o queixo e os pementos de piquillo abertos. 

  8. Para terminar co recheo, colócanse os ovos cocidos encima formando unha fila, e unhas olivas cortadas pola metade. 

  9. Agora chega o momento máis delicado: vai formando o rolo de carne pouquiño a pouco, con suavidade, axudándoche do papel de forno e dándolle forma coas mans. 

  10. Pechamos ben os bordos do rolo, esmagando a carne e a panceta. E deixamos repousar uns 20-30 minutos. 

  11. Prequentamos o forno a 180º e enfornamos entre 40 e 50 minutos, ata que a panceta que envolve o rolo dóurese. 

  12. Sacamos do forno e temperamos un pouco antes de servir, para que sexa máis fácil de cortar. Pódese tomar como prato principal quente, acompañado dunha boa guarnición de verduras ou patacas ou tamén como entrante frío. 

  13. Un prato delicioso para este Nadal!

Palabras claves: Nadal, aperitivos, entrantes, infantil, principal