Opciones de impresión:

Ovos recheos de paté de mexillóns

Método de cocción
Cocina
Dificultad Principiante
Tempo
Tiempo de preparación: 20 minuto(s) Tiempo de descanso: 20 minuto(s) Tiempo total: 40 mins
Porciones 6
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

Os ovos recheos son un dos pratos máis fáciles e versátiles que podes preparar. Aquí deixámosche unha receita diferente e orixinal, con paté de mexillóns. Moi fácil, deliciosa e perfecta para levar de picnic, para un entrante ou para poñer de aperitivo. 

Ingredentes
  • 12 ovos Demillo
  • 2 latas de mexillóns en escabeche
  • 250 gramos queixo crema
  • 1/2 cebolla blanca o morada
  • sal
  • vinagre
Elaboración
  1. Poñemos os ovos para cocer en auga con sal e vinagre durante 10 minutos. Retiramos e deixamos arrefriar. 

  2.  Mentres os ovos arrefrían, cunha batedora trituramos os mexillóns cunhas culleradas de escabeche. 

  3. Engadimos o queixo en crema e integramos ben cos mexillóns triturados. 

  4. Cortamos os ovos pola metade e quitamos a xema. 

  5. Machucamos a metade das xemas e engadímolas á mestura de mexillóns e queixo para completar o paté. Se quede moi espeso, podemos engadir un par de culleradas máis de escabeche para alixeirar. 

  6. Enchemos os ovos cocidos co paté. 

  7. Cortamos uns anacos de cebola e colocámolos encima do ovo. 

  8. Reservamos na neveira ata a hora para comer ou de saír para o picnic. 

  9. ¡Aquí tienes la vídeo receta!

    https://www.youtube.com/watch?v=jkbyaAdv05c
Palabras claves: tradicional, romaría, picnic