Ovos de galiñas alimentadas a base de millo
Ovos recheos de bacallau e pementos de piquillo

Ovos recheos de bacallau e pementos de piquillo

Ovos recheos de bacallau e pementos de piquillo

Receita-ovos-recheos pinit

Ovos recheos de bacallau e pementos de piquillo

Dificultad: Intermedio Tiempo de preparación 15 minuto(s) Tiempo de cocción 20 minuto(s) Tiempo de descanso 30 minuto(s) Tiempo total 1 h 5 mins
Porciones: 4

Descripción

Os ovos recheos son un clásico das receitas de verán e hai versións para todos os gustos. A nosa proposta ten moito sabor galego, con ese toque tan distintivo que lle dá o bacallau. Unha opción moi fácil de elaborar e perfecta tanto para un entrante como para levar a unha comida campestre (aínda que sempre ben refrixerados nunha neveira portátil)

Ingredientes

Elaboración

Vídeo
Desactivado Activado

  1. Cocemos os ovos 10 minutos e deixamos arrefriar con auga fría mentres preparamos o recheo.

  2. Picamos a cebola en anacos pequenos e pochamos nunha tixola cun pouco de aceite.

  3. Desmigamos ou cortamos o bacallau desalado e engadimos á tixola coa cebola. Continuamos pochando.

  4. Cortamos o pemento en dados pequenos e engadimos tamén á tixola. Mesturamos ben e deixamos que se faga un pouco.

  5. Deixamos arrefriar o recheo uns minutos.

  6. Mentres, pelamos os ovos, cortámolos á metade e quitámoslle a xema.

  7. Cando a mestura do recheo estea fría, engadimos parte das xemas, machucámolas e mesturamos ben. Finalmente engadimos maionesa e seguimos mesturando.

  8. Coa axuda dunha manga pasteleira, ou cunha culler, enchemos os ovos.

  9. Para levalos á nosa comida campestre, metémolos nunha fiambrera, tapámolos ben e metémolos nunha neveira portátil. Sacámolos no momento no que se vaian a comer.

Palabras claves: Romaría, picnic, saudable
Leave a Comment

Your email address will not be published.