Muffins de ovo, xamón cocido e verduras
Muffins de ovo, xamón cocido e verduras


Muffins de ovo, xamón cocido e verduras
Descripción
Un riquísimo entrante que é perfecto para calquera celebración, pero tamén para unha comida campestre, para o almorzo ou para unha cea saudable. Unha receita lixeira, sinxela e rápida de preparar.
Ingredientes
Elaboración
-
Lavamos as verduras e picámolas en anacos pequenos. Cortamos tamén o xamón en anacos (tamén podes usar peituga de pavo).
-
Mesturamos as verduras, o xamón e a mozarella nun bol.
-
Untamos un molde de muffins e colocamos a mestura en cada espazo.
-
Batemos os ovos, os salpimentamos e imos vertendo sobre a mestura de verduras e xamón en cada espazo do molde, ata enchelo.
-
Enfornamos a 180 graos durante uns 15/20 minutos, ata que os muffins estean dourados.
-
Desmoldamos con coidado para que non rompan... e listos! Podes comelos fríos ou quentes e acompañalos con algunha salsa. Aínda que sós están... para chuparse os dedos.