Opciones de impresión:

Miniquiches variados «ao gusto Demillo»

Entrantes-de-Nadal
Método de cocción
Cocina
Dificultad Intermedio
Tempo
Tiempo de preparación: 15 minuto(s) Tiempo de cocción: 30 minuto(s) Tiempo de descanso: 15 minuto(s) Tiempo total: 1 h
Porciones 6
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

As miniquiches son unha grande opción para os aperitivos e os entrantes do Nadal. Unha receita que acepta múltiples combinacións e que gusta tanto a maiores como a nenos. Nesta receita propoñémosche unhas miniquiches "ao gusto Demillo" nas que poderás xogar con distintos ingredientes e facer as combinacións que máis vos gusten a ti e aos teus invitados.

Ingredientes
  • 3 ovos Demillo
  • 2 rolos de masa crebada
  • 100 miligramos nata
  • 100 gramos champiñóns e/ou cogomelos
  • 1 porro
  • 100 gramos xamón en tacos
  • 150 gramos gambas
  • 120 gramos queixo de Arzúa
  • Pementa negra
  • Sal
Elaboración
  1. Poñemos un ovo a cocer 8 minutos.

  2. Cortamos todos os ingredientes do recheo en anacos pequenos: o allo porro, o xamón, o ovo cocido, os gambóns, o queixo e os cogomelos. Reservamos.

  3. Mentres, batemos os ovos e mesturamos nun bol a nata, o ovo, un chisco de sal e pementa ao gusto.

  4. Estendemos a masa sobre unha superficie lisa e cunha cunca ou molde redondo, cortamos círculos.

  5. Engraxamos un molde de madalenas e colocamos os círculos de masa crebada adaptándoos ao burato.

  6. Colocamos os ingredientes cortados nos buratos, enchéndoo máis ou menos 1/3 do espazo. Podemos facer as combinacións que máis nos gusten. Nós propoñémosche ovo cocido con xamón, gambón con allo porro e champiñóns con queixo, pero tamén podes facer outras mezclas ou engadir outros ingredientes que che gusten.

  7. Agora vertemos a mestura de ovo batido e nata sobre os ingredientes, sen encher de todo o burato.

  8. Cocemos a 180º uns 20 ou 30 minutos, ata que a masa empece a estar dourada.

  9. Entrantes-de-Navidad

    Só che queda colocalos nunha bandexa e listo para gozar!

Palabras claves: nadal, entrantes, cocina fácil,