Miniquiches variados «ao gusto Demillo»
Miniquiches variados «ao gusto Demillo»


Miniquiches variados «ao gusto Demillo»
Descripción
As miniquiches son unha grande opción para os aperitivos e os entrantes do Nadal. Unha receita que acepta múltiples combinacións e que gusta tanto a maiores como a nenos. Nesta receita propoñémosche unhas miniquiches "ao gusto Demillo" nas que poderás xogar con distintos ingredientes e facer as combinacións que máis vos gusten a ti e aos teus invitados.
Ingredientes
Elaboración
-
Poñemos un ovo a cocer 8 minutos.
-
Cortamos todos os ingredientes do recheo en anacos pequenos: o allo porro, o xamón, o ovo cocido, os gambóns, o queixo e os cogomelos. Reservamos.
-
Mentres, batemos os ovos e mesturamos nun bol a nata, o ovo, un chisco de sal e pementa ao gusto.
-
Estendemos a masa sobre unha superficie lisa e cunha cunca ou molde redondo, cortamos círculos.
-
Engraxamos un molde de madalenas e colocamos os círculos de masa crebada adaptándoos ao burato.
-
Colocamos os ingredientes cortados nos buratos, enchéndoo máis ou menos 1/3 do espazo. Podemos facer as combinacións que máis nos gusten. Nós propoñémosche ovo cocido con xamón, gambón con allo porro e champiñóns con queixo, pero tamén podes facer outras mezclas ou engadir outros ingredientes que che gusten.
-
Agora vertemos a mestura de ovo batido e nata sobre os ingredientes, sen encher de todo o burato.
-
Cocemos a 180º uns 20 ou 30 minutos, ata que a masa empece a estar dourada.
-
Só che queda colocalos nunha bandexa e listo para gozar!