Opciones de impresión:

Flan de turrón

Flan-de-Turron-Menu-de-Nadal-Demillo
Método de cocción
Cocina
Dificultad Intermedio
Tempo
Tiempo de preparación: 15 minuto(s) Tiempo de cocción: 60 minuto(s) Tiempo de descanso: 30 minuto(s) Tiempo total: 1 h 45 mins
Porciones 6
Mejor temporada Invierno
Descripción

O noso clásico flan de ovo vístese de Nadal e integra a sobremesa máis típica desta época: o turrón. O resultado, espectacular.

Ingredientes
  • 5 ovos Demillo
  • 200 gramos turrón brando
  • 80 gramos azucre
  • 600 mililitros leite
  • 200 mililitros nata líquida
  • Frambuesas
  • Follas de menta
  • Auga
Elaboración
  1. Para facer o caramelo, poñemos un recipiente ao lume co azucre e un pouco de auga.

  2. Mentres se fai o caramelo, poñemos o leite para quentar nun cazo. 

  3. Partimos o turrón e incorporámolo ao leite quente. Trituramos coa batedora. 

  4. Batemos os ovos e engadímolos á mestura de leite e turrón. Mesturamos ben. 

  5. Cando o caramelo empece a ter un ton marrón, sacámolo do lume e vertemos nunha flanera, repartindo ben por toda a superficie. 


  6. Vertemos a mestura de ovo, leite e turrón encima do caramelo. Colocamos a flanera nunha pota con auga e enfornamos ao baño maría, a 180º, durante 60 minutos (o tempo varía en función do tamaño da flanera. En moldes individuais, serán suficientes uns 25 minutos). 

  7. Sacamos do forno e deixamos arrefriar unha media hora na neveira.

  8. Menu-de-Nadal-Demillo

    Desmoldamos e decoramos coa menta, a nata montada e as frambuesas.

Palabras claves: Sobremesas, Nadal