É un dos sabores máis tradicionais do Nadal e unha das receitas máis fáciles de facer e máis divertidas para facer cos máis pequenos.... e con só tres ingredentes. Ademais, o sabor non ten nada que ver cos que se compran. Seguro que vos encantarán e os nenos pasaranllo de marabilla deixando voar a súa imaxinación para darlles forma e decoralos.
Separamos as claras e as xemas. Reservamos.
Nun bol, mesturamos a améndoa moída e o azucre glass.
Integramos a clara de ovo e mesturamos cun garfo ata que se empecen a formar boliñas de masa.
A partir de aquí, seguimos amasando coas mans ata que todo estea ben compactado. Este é un bo paso para pedir axuda aos pequenos e que poñan o seu gran de area co amasado.
Envolvemos a masa en filme transparente e deixamos repousar 20-30 minutos para que se hidrate.
Sacamos a masa do filme e, sobre unha superficie plana, estirámola a un grosor de 1-2 cm. Nisto tamén che poden botar unha man os nenos.
E chega o momento máis divertido, facer a figuritas. Podedes usar moldes cortapastas ou deixar voar a imaxinación e facer as figuras a man.
Para decorar as figuras, podedes usar un escarvadentes ou unha espetada.
Só queda un paso antes de entrar no forno: pintar as figuritas coa xema dos ovos que separastes ao principio da receita.
Agora, directos ao forno. Gratinades 4 ou 5 minutos ata que estean dourados pola parte de arriba.
Sobremesa do Nadal tradicional preparado. A gozalo con toda a familia!