Opciones de impresión:

Ensalada de Ovos Cogomelo

Ensalada-de-ovos-demillo
Cocina
Dificultad Principiante
Tempo
Tiempo de preparación: 10 minuto(s) Tiempo de cocción: 10 minuto(s) Tiempo total: 20 mins
Descripción

Sinxela, sa, divertida e riquísima! Con esta presentación seguro que os nenos da casa estarán encantados para comer ensalada… e os maiores, tamén. Unha receita saudable, baixa en calorías e perfecta para toda a familia.

Ingredientes
  • 3 Ovos Demillo
  • 3 tomates pequenos
  • Canónigos
  • Queixo fresco galego
  • Noces
  • Frambuesas
  • Maionesa
Instrucciones
  1. Cocer os ovos e deixar arrefriar.

  2. Facer a base da ensalada con canónigos, queixo, noces e as frambuesas. Deixa un espazo no medio para os ovos. Podes engadir ou cambiar ingredientes, tamén funcionará ben con outras froitas como mango, con outros froitos secos ou sementes e con outra verduras como leituga ou espinacas..

  3. Aderezar ao gusto a ensalada antes de colocar os ovos.

  4. Cortar un pouco a base dos ovos para que se asenten no prato e colocalos.

  5. Cortar o tomate pola metade e colocar sobre o ovo a modo de chapeu.

  6. ensalada-de-ovos-demillo

    Coa punta dun garfo, poñer gotiñas de maionesa sobre o tomate.

  7. A comer e a gozar!

Palabras claves: ensaladas, receitas saudables